How are you? I hope you're fine!!
Que tal vos foi a tarefa do martes? Espero que moi ben. Algún de vós xa me mandastes os vosos traballos e están xenial. Incluso houbo algún atrevido que se grabou en vídeo falando en inglés. Parabéns polo voso esforzo!!! Así me gusta, que vos vaiades animando a falar en inglés sen vergoña 😊
Pois hoxe temos máis e mellor!! O traballo para hoxe, martes 30 de abril, é o seguinte:
1. Coma sempre, poñemos a data:
Thursday, 30th April 2020.
2. Escribimos o tempo que fai e facemos o debuxiño:
Today it´s sunny/cloudy/rainy and hot/cold/warm...
3. Escribimos como nos sentimos e o debuxiño:
Today I´m happy/sad/stressed/relaxed...
4. Imos repasar as estacións escoitando a seguinte canción:
5. Agora visualizamos o seguinte vídeo que fala sobre as "4 seasons":
6. No caderno facemos o noso "Picture dictionary" sobre as estacións:
- Poñemos de título "The four seasons".
- Escribimos o nome de cada estación e facemos un debuxiño.
- Ao lado de cada estación escribimos unha frase sobre ela. Podedes empregar algunhas do vídeo. Por exemplo: "Summer is so hot".
7. Agora imos a repasar os meses do ano. Para elo cantamos este rap:
8. No caderno, escribimos a lista cos meses do ano:
- Poñemos de título "The months of the year".
- Escribimos o nome de cada mes.
- Ao rematar imos contestar no caderno a estas dúas preguntas:
- When were you born? (Cando naciches) e contestamos: I was born in... (poñemos o mes).
- What's your favourite month and why? (Cal é o teu mes favorito e por que?) e contestamos: My favourite month is.... (poñemos o mes) because... (e explicamos por que)
9. Snappet:
- Unit "General vocabulary review"
- Exercicios da lección "Months and seasons"
10. Xogo onlines sobre os meses:
- Clicade no enlace abaixo.
- Escollede a categoría "months of the year" > vocabulary > memory > match picture-word
- Ahí tedes o xogo de emparellar a forma escrita co debuxo, como facemos na clase.
11. Coma sempre, SE QUEREDES compartir o voso traballo da libreta conmigo para que volo mire, subídeo a esta carpeta de drive:
Isto é todo por hoxe, seguimos a semana que ven.
Have a good weekend!! 😃😃
Bye bye
Tamara
No comments:
Post a Comment