Showing posts with label . Show all posts
Showing posts with label . Show all posts

Thursday, 18 June 2020

Recursos inglés verán


Hi children!!

How are you? Are you excited about holidays? 😊😊

Antes de irnos de vacacións as teachers queremos recomendarvos algunhas webs e apps para que durante estes meses podades seguir practicando inglés, se queredes, e así volver en setembro a tope!
Ahí van:

Webs:

https://www.englishactivities.net/es

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-de-ingles

https://www.mes-games.com/

https://www.gamestolearnenglish.com/

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/es

https://agendaweb.org/ (para os máis maiores)

https://learnenglishteens.britishcouncil.org/ (para os máis maiores)

https://www.soundgrammar.com/ (para os máis maiores)

https://www.allthingsgrammar.com/ (para os máis maiores)

https://es.lyricstraining.com/ (para os máis maiores)


Apps:

Duolingo

Speak it right


Canales de youtube:

Dream English Kids

The Singing Walrus

The Kiboomers

English Singsing

Super Simple TV

Maple Leaf Learning

Fun Kids English

GoEnglish (para os máis maiores)

Easy English Conversation (para os máis maiores)

englishgrammarspot (para os máis maiores)


Un pouco de movemento:

https://www.youtube.com/user/CosmicKidsYoga

Esperamos que todas estas webs vos sirvan de axuda e o pasedes moi ben practicando inglés este verán. Vémonos en setembro con todas as forzas!!

Enjoy your summer and lots of love!! 😘😘

Teachers Cintia and Tamara

Happy Summer Holidays!!!

We hope you have a great time during 
the Summer Holidays!!!

See you in the next course 2020-2021!!!

From now on... 
this blog will remain ... 
⬇️⬇️⬇️
Your teachers: Tamara and Cintia.

Tuesday, 16 June 2020

Tarefas: Tuesday, 16th June

Hello children!!

How are you today?? I hope you are fine!😃

Esta é a última semana de curso antes das esperadísimas vacacións de verán, tedes ganas, a que si? Como sei que traballastes un montón, hoxe será o último día que poñamos tarefa de inglés, ademais vai ser moi pouquiña cousa e moi faciliña. Animádesvos?

As actividades que vos propoño para hoxe, 16 de xuño son:

1. Kahoot para repasar o último tema "Jobs":

It´s super easy!!! Clica no link ou introduce o PIN na web. Tedes de prazo para facelo ata o xoves.

LINKhttps://kahoot.it/challenge/07413873?challenge-id=e638ee34-0f6b-4136-ae94-1138301865a5_1592060195113

PIN07413873

2. Storytelling "My summer vacation":

Ver o seguinte vídeo sobre as vacacións de verán, podedes ir seguindo os subtítulos.



3. Game online "Holiday activities":

Debedes asociar a forma escrita cos debuxos. Escoitade primeiro as palabras clicando no símbolo do altofalante.

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/holiday-activities

4. Summer song. Listen and enjoy!:





Isto é todo por hoxe, espero que vos gustase e se vos fixese entretido.

Quero agradecervos o moito que traballastes e vos esforzastes este curso na clase de inglés, especialmente estes últimos meses desde as vosas casas, foi un pracer traballar convosco!!

Merecédesvos unhas moi boas vacacións, descansar un chiquiño e... vémonos en setembro!!


See you soon and happy holidays!!!! 😘😘

Bye bye👋👋

Tamara





Thursday, 11 June 2020

Tarefas: Thursday, 11th June

Hi children!

How are you? I hope you feel happy 😃

O martes comezamos a repasar o vocabulario relacionado con "Jobs" e hoxe continuaremos con elo pero practicando tamén o tempo "present simple" con he/she. Vos lembrades iso de engadir unha "s"? Seguro que si, pero por se acaso, imos practicalo un pouco. Polo tanto, o traballo para hoxe, 11 de xuño é:

1. Visualizamos o seguinte vídeo. A ver se sodes quen de entendelo todo... seguro que si!:




2. Practicamos en Snappet:

Na carpeta "Jobs" facemos os exercicios correspondentes ás leccións:

  • 2. Story - Career day
  • 3. Grammar - Present Simple
  • 4. Jobs + Pres. Simple Negative

3. Vemos o seguinte vídeo e intentamos adiviñar cal é o seu traballo seguindo as pistas que nos dan:



Isto é todo!!

Have a wonderful weekend 😘

Bye bye👋👋

Tamara

Tuesday, 9 June 2020

Tarefas: Tuesday, 9th June

Hi guys!

How are you? I hope you enjoyed your weekend!😊

Esta semana comezamos a repasar o último que aprendemos na clase antes deste parón, así que seguro que vos resulta moi faciliño porque aínda o tedes fresco. Trátase de... "jobs"!! Chupado, a que si?😉 Ademais, será o último que repasemos antes das vacacións de verán, así que ánimo que non nos queda nada!!! Polo tanto, o traballo para hoxe, 9 de xuño é:

1. Cantamos esta canción sobre "jobs":


2. Visualizamos o seguinte vídeo e repetimos as palabras:


3. Practicamos en Snappet:

Dentro da carpeta "Jobs" facemos as actividades das leccións:

  • 1. Vocabulary - Jobs
  • 1. Jobs
4. Se queredes, podedes xogar ao seguinte xogo "Memory":


Isto é todo por hoxe, ata o xoves!!

Bye bye 👋👋

Tamara


Thursday, 4 June 2020

Tarefas: Thursday, 4th June

Hi children!!

How are you today? I hope you´re doing well 😉

O martes estivemos repasando "The time", faciliño, verdade? Pois hoxe seguiremos nesa liña con algo moi sinxeliño tamén; "the parts of the day". Polo tanto, imos aló co traballo para hoxe, 4 de xuño:

1. Cantamos a seguinte canción coas partes do día:


2. Practicamos en Snappet:

Na carpeta "TV and time" facemos as actividades da lección:
  • Time: hours

3. Vemos a seguinte historia:

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/short-stories/one-moment-around-the-world

Se queredes, podedes facer a actividade de completar as oracións coas palabras dadas que hai debaixo da historia.

Isto é todo por hoxe, espero que se vos fixera levadeiro, ánimo que xa queda pouquiño para as "summer holidays"!!

Have a wonderful weekend

Bye bye

Tamara

Tuesday, 2 June 2020

Tarefas: Tuesday, 2nd June

Hi children!

How are you today? I hope you're fine!!😉

A semana pasada repasamos os "TV programmes" e hoxe pasamos a algo diferente; "the time". Lembrades como dicir as horas en inglés? Seguro que si, pero por se acaso imos darlle un repaso rápido. Así que o traballo para hoxe, 2 de xuño é:

1. Vemos o seguinte vídeo explicativo sobre as horas:


2. Practicamos en Snappet:

Na carpeta "TV and Time" facemos os exercicios correspondentes ás leccións:

  • Time (quarter/half past)
  • 4. Telling the time
Isto é todo por hoxe. Que teñades moi bo día!

Bye bye👋👋

Tamara

Thursday, 28 May 2020

Tarefas: Thursday, 28th May

Hi children!

How are you today? I hope you feel happy😋

Como xa vos adiantei, o martes rematamos de repasar o vocabulario sobre "Sports and Leisure" e hoxe comezamos algo novo. Lembrades os "TV programmes"? Seguro que si, pero imos refrescar esas memorias. Así que o traballo para hoxe, 28 de maio é:

1. Cantamos a canción "Let' s watch TV":

Esta canción xa a sabedes todos e serviranos para repasar o vocabulario sobre os programas de televisión. A podedes atopar entrando na aplicación GO Richmond! no enlace que vos deixarei abaixo e cos seguintes datos:

Go richmond web: https://www.go.richmonddigital.net/
Usuario:  richmond2020
Contrasinal:  richmond

A canción está na Unidade , Lesson 1, page 18.

Quero oírvos cantala con todos os vosos folgos!!!

2. Vemos o seguinte vídeo co vocabulario sobre TV programmes e repetimos as palabras:



3. Practicamos en Snappet:

Na carpeta "TV and Time" facemos as seguintes leccións:

  • TV programmes
  • 1. TV Entertainment
  • 1. Films
4. Traballo no caderno:

  • Escribimos coma sempre a data, o tempo que fai hoxe e como me sinto
  • Poñemos de título "TV programmes" e escribimos o vocabulario que aprendemos nesta sesión cun pequeno debuxiño. Fixádevos ben como se escriben!
  • Escribimos 3 frases dicindo que programas nos gustan e outras 3 cos programas que non. Exemplo: I like documentaries / I don´t like films.
  • Facemos foto ao traballo de hoxe e subímolo á carpeta de drive:

Isto é todo por hoxe, espero que vos gustara!!

Have a wonderful weekend 😘😘

Tamara



Tuesday, 26 May 2020

Tarefas: Tuesday, 26th May

Hi guys!

How are you! I hope you had a wonderful weekend😊😊

A semana pasada comezamos a repasar o vocabulario "Sports and leisure" e hoxe remataremos para así o xoves poder continuar avanzando. Polo tanto o traballo para hoxe, 26 de maio é:

1. Repasamos o vocabulario relacionado con "Sports" cantando a canción que xa coñecemos o outro día:



2. Practicamos o tempo vebal "Present Simple" relacionado cos deportes en Snappet:

Na carpeta "Sports and Leisure" facemos as actividades das leccións:
  • 2. Present Simple (+, - , ?)
  • Sports and Leisure - verbs 2

3. Traballamos no caderno:

  • Escribimos a data, o tempo e como nos sentimos hoxe.
  • Escribimos 3 oracións en afirmativo (+) e 3 en negativo (-) en 1ª persoa (I) empregando o presente simple e o vocabulario de deportes que xa coñecemos. Por exemplo: 
    • I go running.
    • I don´t play basketball
  • Copiamos e contestamos ás seguintes preguntas sobre nós mesmos:
    • Do you play basketball?
    • Do you go surfing?
    • Do you do karate?
    • Do you play tennis?
    • Do you do ballet?
    • Do you go fishing?
    • What's your favourite sport? (full answer)
  • Se queredes e podedes, mandádeme a foto do traballo a través da carpeta de drive:
https://drive.google.com/drive/folders/1CmOHHd4xirPCXP_8Et4YB3Xf_JC7nUy5?usp=sharing

Con isto rematamos, o xoves comezamos algo novo. Espero que vos gustase este tema e de paso, aproveitando que agora temos un tempo marabilloso para elo e que xa temos un pouquiño máis de liberdade, que practiquedes moitos sports ao aire libre!!

Un saudiño

Tamara

Thursday, 21 May 2020

Tarefas: Thursday, 21st May

Hello guys!

How are you today? I hope you´re fine!😉

O martes comezamos a repasar o vocabulario sobre "Sports and leisure". Lembrávades as palabras? Seguro que sí, xa vin canto estivestes traballando! Hoxe continuaremos repasando e avanzaremos un chisquiño máis. Así que o traballo para hoxe, 21 de maio é:


1. Visualizamos o seguinte vídeo:

2. Repasamos e intentamos lembrar as 3 normas:
  • Play: usámolo con aqueles deportes nos que se empregue unha pelota.
  • Go: cando o deporte remate en -ing e se practique no exterior e sen pelota.
  • Do: con todos os demais.

3. No noso caderno ou nunha folla, facemos o seguinte traballo:

  • Escribimos a data, o tempo que fai hoxe e como me sinto (en inglés, claro!)
  • Poño de título "Sports"
  • Copio as 3 normas de arriba
  • Fago 3 columnas cos títulos GO/PLAY/DO e debaixo escribo 3 deportes con cada un destes verbos. Podo facer tamén o debuxiño.
  • Se queredes, podédelo colgar na carpeta de drive:

4. Practicamos en Snappet:

Dentro da carpeta "Sports and leisure" facemos as leccións:
  • Sports and leisure 2
  • 1. Sports verbs
Isto é todo por esta semana. Espero que vos gustase e a próxima semana... continuamos!!

Have a wonderful weekend

Bye bye👋👋

Tamara

Storytelling time!!! Winnie and Wilbur stay at home.

Good morning everyone!!!
Today we have some news about reading!!!

In the link below you will have the chance to read the lastest title of WINNIE THE WITCH!!!
It's called:
WINNIE AND WILBUR STAY AT HOME
Winnie and Wilbur can't go out so they have a magical time at home.

And it is about how Winnie and Wilbur are coping with this QUARANTINE, the same as we are:  LOCKDOWN.

Disfruten del último de los títulos de WINNIE THE WITCH, llamado:
WINNIE AND WILBUR STAY AT HOME 
(Se quedan en casa)
Winnie and Wilbur no pueden salir de casa así que pasan un tiempo mágico adentro.

En esta ocasión, el cuento trata sobre cómo Winnie y su gato Wilbur se las apañan con la CUARENTENA, ya que al igual que nosotros están encerrados (bueno, ahora no tanto😉).

3, 2, 1... Go!!! 👉
Storytelling by Arbella

This is the link to the free e-book from OXFORD OWL.
Enlace al e-book gratuito.



This is a link to an Art activity. Design a new hat for Winnie!!! 
Enlace para diseñar un nuevo sombrero para Winnie.

https://cdn.oxfordowl.co.uk/2018/04/10/11/32/55/842/RWO_Stage_6_Winnie_colouring.pdf

Have fun and enjoy some family quality time together during this week-end with Winnie and Wilbur!!!

See you!!!! 👀



Tuesday, 19 May 2020

Tarefas: Tuesday, 19th May

Hi children!

What's up? I hope you're doing well!😊

A semana pasada rematamos o repaso de vocabulario básico e quero felicitarvos polo voso gran traballo. Vexo que o fixestes moi ben no Kahoot e o Bingo foi moi divertido. Se non poidestes participar no Bingo non vos preocupedes!!

A partires de agora imos continuar repasando o que dimos na clase este curso, así que toca empezar algo novo esta semana. Por tanto, o traballo para hoxe, 19 de maio é:

1. Escoitamos e cantamos a seguinte canción sobre "sports":


2. Repasamos o vocabulario relacionado con "sports" repetindo as palabras do seguinte vídeo en voz alta:


3. Practicamos estas palabras en Snappet.

Dentro da carpeta "Sports and leisure" facemos os exercicios das seguintes leccións:

  • Sports and Leisure 1
  • Water sports


Por hoxe, isto é todo, continuamos o xoves.

Take care!👋

Tamara

Thursday, 14 May 2020

Tarefas: Thursday, 14th May

Hi guys!

How are you today? I hope your're doing well.

Hoxe rematamos co repaso xeral de vocabulario básico. Polo tanto, o traballo para hoxe, 14 de maio (dependendo do grupo) é:
  • 4ºAKAHOOT de repaso do vocabulario básico. Con todo o repasado estas últimas semanas en Snappet propóñovos un Kahoot no que poñervos a proba. Xa sabedes como funciona a web ou App, déixovos o link e o PIN para que podades acceder:
LINK:  https://kahoot.it/challenge/08356660?challenge-id=e638ee34-0f6b-4136-ae94-1138301865a5_1588927841897

PIN: 08356660
  • 4ºBBINGO online. Lembrade que un par de minutos antes das 10.30h tedes que estar conectados no enlace que vos deixo debaixo co voso cartón de bingo listo cos 9 números que escollestes escritos tamén en letra en inglés. 
https://eduxunta.webex.com/meet/tamara.guerrero.feijoo


Con isto rematamos o traballo desta semana, espero que vos gustase. A semana que vén, máis e mellor!

Have a wonderful weekend! 😉

Tamara

Tuesday, 12 May 2020

Tarefas: Tuesday, 12th May

Good morning children!

How are you today? I hope your're OK.

Esta semana rematamos co repaso xeral de vocabulario básico. Como xa sabedes, temos algunha actividade especial de peche de unidade. Polo tanto, o traballo para hoxe, 12 de maio (dependendo do grupo) é:

  • 4ºA: BINGO online: lembrade que un par de minutos antes das 10.30h tedes que estar conectados no enlace que vos deixo debaixo co voso cartón de bingo listo cos 9 números que escollestes escritos tamén en letra en inglés. 
  • 4ºB: KAHOOT de repaso do vocabulario básico. Con todo o repasado estas últimas semanas en Snappet propóñovos un Kahoot no que poñervos a proba. Xa sabedes como funciona a web ou App, déixovos o link e o PIN para que podades acceder:

PIN: 08356660


Isto é todo por hoxe, o xoves continuamos!

Take care.

Tamara

Aviso Snappet: Acciones

Hello everyone!!!

Queríamos comprobar que tod@s saben/recuerdan qué significan las ACCIONES que deben realizar en SNAPPET al realizar los ejercicios.

  • En la parte de los ejercicios de explicación siempre pregunta:

UNDERSTAND? CLICK HERE😊👍
Tienen que hacer CLICK porque de otra manera el programa entiende que no contestan a la pregunta.
Por lo que en cada ejercicio de explicación en que aparezca: READY?/ UNDERSTAND?/ GO?...
SE HACE CLICK!!! 👀

  • Las acciones más repetidas son las siguientes:

COPY= COPIAR✎

TOUCH= HACER CLICK/TOCAR ✋
DRAG= ARRASTRAR 🖰
CHOOSE= ELEGIR 👇 
WRITE= ESCRIBIR 
LISTEN= ESCUCHAR👂

¡¡¡¡Esperamos que sea de utilidad!!!! 

Un saludo, las teachers.👋

Monday, 11 May 2020

Indicacións BINGO

Hello!!

How are you? I hope you're fine!!

Como vos dixen o xoves, hoxe escribo esta entrada para explicarvos como imos facer esta semana coas dúas sesións de BINGO.

Lémbrovos os horarios por grupos:
  • 4ºA: martes, 12 de maio ás 10.30h.
  • 4ºB: xoves, 141 de maio ás 10.30h.
Imos a xogar ao Bingo por medio de videoconferencia. Podedes empregar un ordenador, tablet ou móbil. 
  • No caso de que empreguedes ordenador, tedes que ir á seguinte páxina web:

  • Se empregades móbil ou tablet, primeiro deberedes descargar a app "Cisco Webex Meetings" e unha vez a teñades, no apartado "Join a meeting" tedes que pegar ese mesmo enlace:

En ningún caso vos tedes que crear unha conta nesta plataforma, só necesitades empregar a información que vos deixo arriba. Pode ser que se accededes por primeira vez vos pida un nome e un email. En "nome" poñedes o voso nome (non fai falta que poñades apelidos) e en "email" poñedes nonresponder@edu.xunta.es. 

Recoméndovos que accedades á videoconferencia un par de minutiños antes das 10.30 (cada un no seu día correspondente) para así estar todos listos e empezar o bingo con puntualidade.

Para poder xogar necesitaredes unha folla de papel na que debedes trazar dúas liñas en vertical e dúas en horizontal, para así dividila en 9 recadros. Así:



En cada recadro debedes escribir un número do 1 ao 100 que vós escollades. Poñédeo en número e na súa forma escrita en inglés (ollo ao spelling!), coma neste exemplo:



Debedes ter o voso cartón de bingo listo cos números para as 10.30. 

Lembrade como facemos na clase: iranse dicindo os números que saen en voz alta. Se dicimos un que vós teñades, tédelo que tachar. Se sodes os primeiros en ter unha liña horizontal coas súas tres casillas tachadas, tedes que dicir en voz alta: line! O primeiro que tache os nove números ten que dicir: BINGO! e gaña o xogo se ten esos nove números ben escritos en inglés.

Isto é todo, se tedes algunha dúbida, dicídemo.

Espero ao primeiro grupo (4ºA) mañá ás 10.30h. Mentres, os de 4ºB ide ao blogue coma sempre onde atoparedes o traballo para facer mañá. O xoves espérovos a vós, os de 4ºB, e os de 4ºA atoparedes no blogue o traballo para facer ese día.

See you tomorrow!😊

Tamara

Thursday, 7 May 2020

Tarefas: Thursday, 7th May

Hello children!

How are you today? I hope you're doing well.

Esta semana estamos repasando os numbers do 1 ao 100, así que continuamos con elo. Este é o traballo para hoxe, 7 de maio:

1. Coma sempre, escribimos a data:

Thursday, 7th May 2020.

2. Continuamos poñendo o tempo que fai hoxe e o seu debuxiño correspondente:

Today it's sunny/cloudy/stormy/windy... and cold/hot/warm/cool...

3. Escribo como me sinto:

Today I'm tired/hungry/sad/excited...

4. Cantamos de novo a canción dos numbers para refrescar a memoria:


5. Traballamos en Snappet as seguintes leccións:
  • Numbers - Cardinal (20 to 100)
  • Numbers - cardinal (20 to 100)
  • Numbers - ordinal (1st to 20th)
6. No caderno ou na folla do día anterior, continuamos escribindo a lista dos numbers:

Quedaramos no number 20. Agora escribides un número desa decena, o que queirades. Por exemplo 22 e a súa forma escrita en inglés. Despois imos á seguinte decena, poñemos o 30 e outro dentro desa decena, por exemplo, 35. Imos facendo así ata chegar a 100.

Coidado! non hai que escribir todos os números, só os que acaben en 0 (20, 30, 40, 50, 60, 70, 90, 80 e 100) e dentro de cada unha das decenas, un como exemplo.


Coma sempre, se queredes subir a foto do voso traballo, na seguinte carpeta podedes facelo:


7. Se vos apetece practicar os numbers cun xogo, deíxovos un no seguinte enlace:



AVISO IMPORTANTE!

A próxima semana para practicar os numbers faremos un BINGO a través de videoconferencia. Como somos moitos alumnos, faremos dúas quendas. O alumnado de 4ºA o fará o martes e o de 4ºB o xoves. 

O martes, o alumnado de 4ºB terá traballo para facer no blogue mentras os de 4ºA fan o bingo por videoconferencia. O xoves faremos ao revés.

O luns publicarei unha entrada explicando con máis detalle como faremos a videoconferencia, a hora e o que necesitades ter para poder xogar ao bingo. Estade atentos!!

Isto é todo por hoxe.

Have a good weekend!!😉
Tamara

Tuesday, 5 May 2020

Tarefa: Tuesda, 5th May

Hi everyone!

What's up? I hope you are doing well!

Comezamos unha nova semana e con ela seguimos o noso repaso do curso. Esta semana repasaremos os "numbers", así que debería resultarvos moi faciliño😜.

Así que imos alá. As actividades para hoxe, 5 de maio, son:

1. Coma sempre, escribimos a data:

Tuesday, 5th May 2020.

2. Seguimos co tempo e o seu debuxiño:

Today it´s sunny/rainy/stormy... and hot/cold/wam/cool...

3. Escribo e debuxo como me sinto:

Today I'm bored/glad/exhausted/motivated...

4. Comezamos repasando os "numbers" do 1 ao 100 coa seguinte canción que xa coñecemos. Anímovos a cantala e a facer as accións. Recordades o ben que o pasábamos na clase facéndoo? 😃:




5. Practicamos coas seguintes leccións de Snappet:
  • Numbers- cardinal (listening)
  • Numbers- cardinal (11 to 20)
  • Numbers - cardinal (10 to 20)
Por hoxe ata ahí, o próximo día seguimos practicando cos números ata o 100.

6. No caderno escribimos a lista cos número do 1 ao 20 e a súa forma escrita ao lado. 

Por hoxe non subimos foto porque continuaremos completando a lista o próximo día.


Isto é todo por hoxe, seguimos o xoves!

Bye bye

Tamara


Thursday, 30 April 2020

Tarefa: Thursday, 30th April

Hi guys!

How are you? I hope you're fine!!

Que tal vos foi a tarefa do martes? Espero que moi ben. Algún de vós xa me mandastes os vosos traballos e están xenial. Incluso houbo algún atrevido que se grabou en vídeo falando en inglés. Parabéns polo voso esforzo!!! Así me gusta, que vos vaiades animando a falar en inglés sen vergoña 😊

Pois hoxe temos máis e mellor!! O traballo para hoxe, martes 30 de abril, é o seguinte:

1. Coma sempre, poñemos a data:

Thursday, 30th April 2020.

2. Escribimos o tempo que fai e facemos o debuxiño:

Today it´s sunny/cloudy/rainy and hot/cold/warm...

3. Escribimos como nos sentimos e o debuxiño:

Today I´m happy/sad/stressed/relaxed...

4. Imos repasar as estacións escoitando a seguinte canción:



Aviso: recordade que "fall" é o mesmo que "autumn", como xa vimos na clase. "Fall" é como se dí en inglés americano e "autumn" en inglés británico, pero ambas son correctas, podedes empregar a que vos guste máis!!

5. Agora visualizamos o seguinte vídeo que fala sobre as "4 seasons":



6. No caderno facemos o noso "Picture dictionary" sobre as estacións:

- Poñemos de título "The four seasons".

- Escribimos o nome de cada estación e facemos un debuxiño.

- Ao lado de cada estación escribimos unha frase sobre ela. Podedes empregar algunhas do vídeo. Por exemplo: "Summer is so hot".

7. Agora imos a repasar os meses do ano. Para elo cantamos este rap:


8. No caderno, escribimos a lista cos meses do ano:

- Poñemos de título "The months of the year".

- Escribimos o nome de cada mes.

- Ao rematar imos contestar no caderno a estas dúas preguntas:

  • When were you born? (Cando naciches) e contestamos: I was born in... (poñemos o mes).
  • What's your favourite month and why? (Cal é o teu mes favorito e por que?) e contestamos: My favourite month is.... (poñemos o mes) because... (e explicamos por que)
9. Snappet:

- Unit "General vocabulary review"

- Exercicios da lección "Months and seasons"

10. Xogo onlines sobre os meses:

- Clicade no enlace abaixo.

- Escollede a categoría "months of the year" > vocabulary > memory > match picture-word

- Ahí tedes o xogo de emparellar a forma escrita co debuxo, como facemos na clase.


11. Coma sempre, SE QUEREDES compartir o voso traballo da libreta conmigo para que volo mire, subídeo a esta carpeta de drive:


Isto é todo por hoxe, seguimos a semana que ven.

Have a good weekend!! 😃😃

Bye bye

Tamara

Tuesday, 28 April 2020

Aviso importante: Snappet

Good morning everyone!!!

Este mensaje es para comentar que una vez que se termina la práctica de ejercicios propuesta de SNAPPETNO SE DEBE CONTINUAR CON MÁS PRÁCTICA.

Estos ejercicios no pueden ser seleccionados por el profesor, salen de manera aleatoria y diferentes para cada niño/a por lo que no es posible saber ni el nivel de complejidad, ni el tipo de actividad que propone SNAPPET.

Un saludo.