How are you today? I hope you're doing well.
Esta semana estamos repasando os numbers do 1 ao 100, así que continuamos con elo. Este é o traballo para hoxe, 7 de maio:
1. Coma sempre, escribimos a data:
Thursday, 7th May 2020.
2. Continuamos poñendo o tempo que fai hoxe e o seu debuxiño correspondente:
Today it's sunny/cloudy/stormy/windy... and cold/hot/warm/cool...
3. Escribo como me sinto:
Today I'm tired/hungry/sad/excited...
4. Cantamos de novo a canción dos numbers para refrescar a memoria:
5. Traballamos en Snappet as seguintes leccións:
- Numbers - Cardinal (20 to 100)
- Numbers - cardinal (20 to 100)
- Numbers - ordinal (1st to 20th)
6. No caderno ou na folla do día anterior, continuamos escribindo a lista dos numbers:
Quedaramos no number 20. Agora escribides un número desa decena, o que queirades. Por exemplo 22 e a súa forma escrita en inglés. Despois imos á seguinte decena, poñemos o 30 e outro dentro desa decena, por exemplo, 35. Imos facendo así ata chegar a 100.
Coidado! non hai que escribir todos os números, só os que acaben en 0 (20, 30, 40, 50, 60, 70, 90, 80 e 100) e dentro de cada unha das decenas, un como exemplo.
Coma sempre, se queredes subir a foto do voso traballo, na seguinte carpeta podedes facelo:
7. Se vos apetece practicar os numbers cun xogo, deíxovos un no seguinte enlace:
AVISO IMPORTANTE!
A próxima semana para practicar os numbers faremos un BINGO a través de videoconferencia. Como somos moitos alumnos, faremos dúas quendas. O alumnado de 4ºA o fará o martes e o de 4ºB o xoves.
O martes, o alumnado de 4ºB terá traballo para facer no blogue mentras os de 4ºA fan o bingo por videoconferencia. O xoves faremos ao revés.
O luns publicarei unha entrada explicando con máis detalle como faremos a videoconferencia, a hora e o que necesitades ter para poder xogar ao bingo. Estade atentos!!
Isto é todo por hoxe.
Have a good weekend!!😉
Tamara
No comments:
Post a Comment