How are you? I hope you´re OK!
Xa vexo que estades traballando un montón, así me gusta! Así que hoxe tócanos continuar un pouquiño máis. O martes estivemos repasando os numbers do 1 ao 10 e hoxe imos ir un pouquiño máis lonxe, ata o 20. Así que comezamos co traballo para hoxe, 7 de maio:
1. Cantamos a canción do saúdo:
2. Seguimos co tempo atmosférico e dicimos que tempo fai hoxe:
3. Escoitamos un par de veces a canción dos numbers do 1 ao 20. Intentamos cantala e bailala!:
4. Agora practicamos en Snappet:
Imos á carpeta "Vocabulary review" e facemos os exercicios das leccións:
- Numbers - 0-20 (cardinal)
- Numbers - cardinal (0-20)
5. No caderno ou folla que empregamos o día anterior escribimos os numbers que nos quedan ata chegar ao 20 (o martes fixemos ata o 10). Os escribimos con número e ao lado poñemos a súa forma escrita en inglés.
SE QUEREDES, ao igual que fixemos o martes, podedes sacarlle unha foto e subila á seguinte carpeta para que eu vexa canto traballades. Se non podedes, non pasa nada, non é obligatorio!
https://drive.google.com/drive/folders/1DI-hrtEpN7xWmxdnNAULxIaOSv8oQ8k6?usp=sharing
6. Déixovos un xogo por se vos apetece probalo. Trátase dun memory game no que tedes que facer parellas entre o número e a súa forma escrita. Xa temos xogado na clase así que seguro que sabedes moi ben como facelo.
https://www.mes-games.com/numbers10.php
Rematamos por hoxe e por esta semana. A próxima, máis e mellor.
Have a good weekend!! Bye bye 👋
Tamara
No comments:
Post a Comment