What's up? I hope you are doing well!
Comezamos unha nova semana e con ela seguimos o noso repaso do curso. Esta semana repasaremos os "numbers", así que debería resultarvos moi faciliño😜.
Así que imos alá. As actividades para hoxe, 5 de maio, son:
1. Coma sempre, escribimos a data:
Tuesday, 5th May 2020.
2. Seguimos co tempo e o seu debuxiño:
Today it´s sunny/rainy/stormy... and hot/cold/wam/cool...
3. Escribo e debuxo como me sinto:
Today I'm bored/glad/exhausted/motivated...
4. Comezamos repasando os "numbers" do 1 ao 100 coa seguinte canción que xa coñecemos. Anímovos a cantala e a facer as accións. Recordades o ben que o pasábamos na clase facéndoo? 😃:
5. Practicamos coas seguintes leccións de Snappet:
- Numbers- cardinal (listening)
- Numbers- cardinal (11 to 20)
- Numbers - cardinal (10 to 20)
Por hoxe ata ahí, o próximo día seguimos practicando cos números ata o 100.
6. No caderno escribimos a lista cos número do 1 ao 20 e a súa forma escrita ao lado.
Por hoxe non subimos foto porque continuaremos completando a lista o próximo día.
Isto é todo por hoxe, seguimos o xoves!
Bye bye
Tamara
No comments:
Post a Comment