What's up? I hope you´re doing well.
Comezamos unha nova semana e con ela, algo máis de traballo.
Tedes corrixidas xa as actividades que vos mandei o xoves pasado. Entrade na carpeta de drive e botádelle un ollo ás correccións, please. Tamén vos quería comentar que houbo un incidente, un "graciosillo" chamado "mapache anónimo" en vez de facer o seu traballo, dedicouse a borrar o traballo dos demais. Se isto volve a suceder, teredes que mandarme as actividades por email, cousa que me parece un engorro tanto para vós como para min. Por outra banda, teño claras sospeitas de quen é o tal mapache, así que espero que non volva suceder ou teremos que tomar as medidas oportunas.
Deixando este desagradable asunta a un lado, imos co traballo para hoxe, martes 5 de maio:
1. Visualizamos este vídeo. Trátase dunha pequena historia coa que nos explican as diferenzas de uso entre o Pasado simple e o Pasado continuo:
2. Para resumir o contido gramatical, tamén podedes ver o seguinte vídeo explicativo:
3. Descargamos os seguintes apuntes e lles botamos un ollo:
https://drive.google.com/file/d/1z9XAn3AODau0-TUu8r7LQDIMXq-0Zfk0/view?usp=sharing
4. Practicamos en Snappet:
- Carpeta 1. Past continuous > Reading "Family Trip to London"
- Carpeta 1. Past continuous > Daily life
Isto é todo por hoxe, continuamos o xoves.
Take care.
Tamara
No comments:
Post a Comment