How are you! I hope you had a wonderful weekend😊😊
A semana pasada comezamos a repasar o vocabulario "Sports and leisure" e hoxe remataremos para así o xoves poder continuar avanzando. Polo tanto o traballo para hoxe, 26 de maio é:
1. Repasamos o vocabulario relacionado con "Sports" cantando a canción que xa coñecemos o outro día:
2. Practicamos o tempo vebal "Present Simple" relacionado cos deportes en Snappet:
Na carpeta "Sports and Leisure" facemos as actividades das leccións:
- 2. Present Simple (+, - , ?)
- Sports and Leisure - verbs 2
3. Traballamos no caderno:
- Escribimos a data, o tempo e como nos sentimos hoxe.
- Escribimos 3 oracións en afirmativo (+) e 3 en negativo (-) en 1ª persoa (I) empregando o presente simple e o vocabulario de deportes que xa coñecemos. Por exemplo:
- I go running.
- I don´t play basketball
- Copiamos e contestamos ás seguintes preguntas sobre nós mesmos:
- Do you play basketball?
- Do you go surfing?
- Do you do karate?
- Do you play tennis?
- Do you do ballet?
- Do you go fishing?
- What's your favourite sport? (full answer)
- Se queredes e podedes, mandádeme a foto do traballo a través da carpeta de drive:
Con isto rematamos, o xoves comezamos algo novo. Espero que vos gustase este tema e de paso, aproveitando que agora temos un tempo marabilloso para elo e que xa temos un pouquiño máis de liberdade, que practiquedes moitos sports ao aire libre!!
Un saudiño
Tamara
No comments:
Post a Comment