What's up? I hope you had a wonderful weekend!
Esta semana seguimos traballando co tempo verbal "Present Perfect". Espero que xa vos vaian soando os participios da lista de verbos, pouco a pouco xa veredes que vos ides ir quedando con eles de tanto usalos. Mentres, usade a lista para facer os exercicios se o necesitades. O traballo para hoxe, 26 de maio é:
1. Practicamos en Snappet:
Na carpeta "Present Perfect" facemos os exercicios correspondentes ás leccións:
- Alphabet (Present Perfect +)
- Alphabet (Present Perfect -)
- Alphabet (Present Perfect ?)
- Daily Activities
2. Lyrics training:
Trátase dunha web na que practicar inglés a través das cancións. Escoitaredes unha canción coñecida mentres vedes o videoclip e vai aparecendo a letra da canción. Faltarán algunhas palabras que tedes que escoitar e escribir no oco correspondente.
Hoxe déixovos unha canción moi coñecida de Rihanna na que se emprega o tempo verbal "Present Perfect". A ver que tal vos sae e se vos gusta. Clicade aquí👇:
(Non vos tedes que rexistrar, e se vos pide indicar o nivel, dádeslle a "principiante")
Isto é todo por hoxe.
See you on Thursday and have a good day!!
Tamara
No comments:
Post a Comment