How are you today? I hope you feel happy😋
Como xa vos adiantei, o martes rematamos de repasar o vocabulario sobre "Sports and Leisure" e hoxe comezamos algo novo. Lembrades os "TV programmes"? Seguro que si, pero imos refrescar esas memorias. Así que o traballo para hoxe, 28 de maio é:
1. Cantamos a canción "Let' s watch TV":
Esta canción xa a sabedes todos e serviranos para repasar o vocabulario sobre os programas de televisión. A podedes atopar entrando na aplicación GO Richmond! no enlace que vos deixarei abaixo e cos seguintes datos:
Go richmond web: https://www.go.richmonddigital.net/
Usuario: richmond2020
Contrasinal: richmond
A canción está na Unidade , Lesson 1, page 18.
Quero oírvos cantala con todos os vosos folgos!!!
2. Vemos o seguinte vídeo co vocabulario sobre TV programmes e repetimos as palabras:
3. Practicamos en Snappet:
Na carpeta "TV and Time" facemos as seguintes leccións:
- TV programmes
- 1. TV Entertainment
- 1. Films
4. Traballo no caderno:
- Escribimos coma sempre a data, o tempo que fai hoxe e como me sinto
- Poñemos de título "TV programmes" e escribimos o vocabulario que aprendemos nesta sesión cun pequeno debuxiño. Fixádevos ben como se escriben!
- Escribimos 3 frases dicindo que programas nos gustan e outras 3 cos programas que non. Exemplo: I like documentaries / I don´t like films.
- Facemos foto ao traballo de hoxe e subímolo á carpeta de drive:
Isto é todo por hoxe, espero que vos gustara!!
Have a wonderful weekend 😘😘
Tamara
No comments:
Post a Comment