Tuesday 16 June 2020

Tarefas: Tuesday, 16th June

Hello children!!

How are you today?? I hope you are fine!😃

Esta é a última semana de curso antes das esperadísimas vacacións de verán, tedes ganas, a que si? Como sei que traballastes un montón, hoxe será o último día que poñamos tarefa de inglés, ademais vai ser moi pouquiña cousa e moi faciliña. Animádesvos?

As actividades que vos propoño para hoxe, 16 de xuño son:

1. Kahoot para repasar o último tema "Jobs":

It´s super easy!!! Clica no link ou introduce o PIN na web. Tedes de prazo para facelo ata o xoves.

LINKhttps://kahoot.it/challenge/07413873?challenge-id=e638ee34-0f6b-4136-ae94-1138301865a5_1592060195113

PIN07413873

2. Storytelling "My summer vacation":

Ver o seguinte vídeo sobre as vacacións de verán, podedes ir seguindo os subtítulos.



3. Game online "Holiday activities":

Debedes asociar a forma escrita cos debuxos. Escoitade primeiro as palabras clicando no símbolo do altofalante.

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/holiday-activities

4. Summer song. Listen and enjoy!:





Isto é todo por hoxe, espero que vos gustase e se vos fixese entretido.

Quero agradecervos o moito que traballastes e vos esforzastes este curso na clase de inglés, especialmente estes últimos meses desde as vosas casas, foi un pracer traballar convosco!!

Merecédesvos unhas moi boas vacacións, descansar un chiquiño e... vémonos en setembro!!


See you soon and happy holidays!!!! 😘😘

Bye bye👋👋

Tamara





No comments:

Post a Comment