How are you? I hope you enjoyed your weekend!😊
Esta semana comezamos a repasar o último que aprendemos na clase antes deste parón, así que seguro que vos resulta moi faciliño porque aínda o tedes fresco. Trátase de... "jobs"!! Chupado, a que si?😉 Ademais, será o último que repasemos antes das vacacións de verán, así que ánimo que non nos queda nada!!! Polo tanto, o traballo para hoxe, 9 de xuño é:
1. Cantamos esta canción sobre "jobs":
2. Visualizamos o seguinte vídeo e repetimos as palabras:
3. Practicamos en Snappet:
Dentro da carpeta "Jobs" facemos as actividades das leccións:
- 1. Vocabulary - Jobs
- 1. Jobs
4. Se queredes, podedes xogar ao seguinte xogo "Memory":
Isto é todo por hoxe, ata o xoves!!
Bye bye 👋👋
Tamara
No comments:
Post a Comment