How are you doing? I hope everything is going well😉
A semana pasada comezamos a traballar cos tempos verbais de futuro, así que o que faremos esta semana será profundizar en cada un deles e practicalos a fondo para así a semana que ven podervos dar vacacións e que por fin descansedes!
Nesta sesión centrarémonos no tempo verbal "be going to" e o xoves en "will". Polo tanto, o traballo para hoxe, 9 de maio é:
1. Exercicio de "listening":
Escoitamos o vídeo do link un par de veces. A primeira gustaríame que o fixérades sen ver máis que o vídeo, e na segunda para axudarvos podedes seguir a forma escrita clicando debaixo en "Script".
Despois na lapela "Quiz" tedes que contestar a esas 4 preguntas e clicar en "check answers" para autocorrixirvos.
https://www.soundgrammar.com/learn/L3-CEFR-A2/L3-05-GoingTo-Spain.htm
2. Practicamos en Edixgal:
Dentro da Unit 6 > Lesson 4 facemos os exercicios do 1 ao 8. O 7 facédeo na libreta ou nun word e na próxima clase cólgovos as respostas para que vos corrixades.
3. Practicamos en Snappet:
Dentro da carpeta "Future tenses" facemos os exercicios correspondentes ás leccións:
- Comprehension - Holiday Plans
- Holiday Plans (+/-)
- Holiday Plans (?)
Isto é todo por hoxe.
Bye bye 👋👋
Tamara
No comments:
Post a Comment