How are you today? I hope you´re fine!😉
O martes comezamos a repasar o vocabulario sobre "Sports and leisure". Lembrávades as palabras? Seguro que sí, xa vin canto estivestes traballando! Hoxe continuaremos repasando e avanzaremos un chisquiño máis. Así que o traballo para hoxe, 21 de maio é:
1. Visualizamos o seguinte vídeo:
2. Repasamos e intentamos lembrar as 3 normas:
- Play: usámolo con aqueles deportes nos que se empregue unha pelota.
- Go: cando o deporte remate en -ing e se practique no exterior e sen pelota.
- Do: con todos os demais.
3. No noso caderno ou nunha folla, facemos o seguinte traballo:
- Escribimos a data, o tempo que fai hoxe e como me sinto (en inglés, claro!)
- Poño de título "Sports"
- Copio as 3 normas de arriba
- Fago 3 columnas cos títulos GO/PLAY/DO e debaixo escribo 3 deportes con cada un destes verbos. Podo facer tamén o debuxiño.
- Se queredes, podédelo colgar na carpeta de drive:
4. Practicamos en Snappet:
Dentro da carpeta "Sports and leisure" facemos as leccións:
- Sports and leisure 2
- 1. Sports verbs
Isto é todo por esta semana. Espero que vos gustase e a próxima semana... continuamos!!
Have a wonderful weekend
Bye bye👋👋
Tamara
No comments:
Post a Comment