How are you doing? Hopefully, you're great!😉
Que tal vos foi o martes o achegamento ao novo tempo verbal "Present Perfect"? Xa sei que non é fácil, e menos sen estar en clase para que volo poida explicar, así que non vos agobiedes nin vos preocupedes, imos ir practicando pouco a pouco para que vos vaia saíndo. De todos os xeitos, este tempo verbal emprégase con moita frecuencia, así que o seguiredes estudando nos vindeiros cursos, así que a miña intención é que vos soe de cara o ano que vén, vale??
Dito isto, o traballo para hoxe, 21 de maio é:
1. Exercicio de listening:
https://www.soundgrammar.com/learn/L4-CEFR-B1/L4-07-Experiences.htm
- Clicamos no link e vemos o vídeo un par de veces. Se queredes seguir o que dí, debaixo, na pestaña "Script" tedes a transcripción.
- Na seguinte pestaña "Grammar" tedes un resumo das normas gramaticais, se queredes repasalas.
- Na pestaña "Quiz" temos catro preguntas sobre o vídeo. As respondemos e clicamos en "Chek answers"
2. Practicamos en Edixgal:
- Unit 6 > Lesson 3 > Exercises 1,2, 3, 4, 5, 6
Nesta lección de Edixgal tedes tamén unha táboa cos participios dos verbos irregulares que se ve mellor que a que vos puxen nos apuntes. Podedes clicar aquí debaixo👇:
https://eva.edu.xunta.gal/pluginfile.php/2911318/mod_scorm/content/2/resources/ld_060906_irregularverbs.pdf
3. Practicamos os participios irregulares nos seguintes enlaces (sen táboa, mellor😜):
https://agendaweb.org/exercises/verbs/past-participle/irregular-verbs-1-10
https://agendaweb.org/exercises/verbs/past-participle/irregular-verbs-11-20
https://agendaweb.org/exercises/verbs/past-participle/irregular-verbs-21-30
https://agendaweb.org/exercises/verbs/past-participle/irregular-verbs-31-40
Isto é todo por hoxe, continuamos a vindeira semana.
Take care and have a good weekend!
Tamara
No comments:
Post a Comment