How are you today??
O primeiro, felicitarvos polo estupendo traballo que fixestes sobre os "colours". Os vosos Picture Dictionaries quedaron estupendos!! Estou moi orgullosa de vós, seguide así!! 😃😃
Hoxe, 23 de abril, cambiamos de "topic" e imos a empezar con outro bloque de repaso, "The weather", así que imos aló:
1. Escribimos no caderno a data:
Thursday, 23rd April 2020
2. Escribimos o tempo que fai e facemos un debuxiño indicativo:
It's... cloudy/rainy/foggy/sunny/snowy
3. Escribimos como nos sentimos hoxe e debuxamos unha cariña:
I'm... sad/bored/happy/tired/sleepy/excited
4. Escribimos de título "The weather"
5. Escoitamos a seguinte canción un par de veces e intentamos cantala:
6. Visualizamos o seguinte vídeo con vocabulario sobre o tempo e repetimos as palabras:
7. Facemos as actividades de Snappet:
- Imos á unidade "General vocabulary Review"
- Facemos as actividades co título "Weather". Son dúas leccións con ese título.
🙋👂 AVISO IMPORTANTE!!
Por favor, facede só as actividades co título "WEATHER" e nada máis; nin numbers, nin seasons, months... esas son para clases da semana que vén, se as facedes xa, non teredes actividades online para facer nas seguintes clases!!!
8. No caderno facemos o noso "Picture Dictionary" sobre "The Weather":
- Xa temos posto o título.
- A continuación, igual que fixemos cos "colours", facemos un debuxo e escribimos debaixo a palabra en inglés. Debedes facelo co seguinte vocabulario: sunny, cloudy, rainy, foggy, stormy, windy, snowy, ice, rainbow, hot and cold.
9. Unha vez rematedes, se queredes, podedes mandarme a foto do voso "Picture Dictionary: The weather" nesta carpeta de drive:
https://drive.google.com/drive/folders/18IbBzmtml9Z9SiWTk7XnruniJM5kMCaY?usp=sharing
Isto é todo por hoxe, continuamos a semana que vén.
Bye bye and have a good weekend!!
Tamara
No comments:
Post a Comment