How are you doing? I wish you had a very good weekend!
Esta semana na área de inglés seguiremos repasando como fixemos a semana pasada. Parabéns polo voso traballo, sei que vos esforzastes un montón!
Hoxe, martes 28 de abril, imos repasar os "days of the week". Comezamos:
1. Coma sempre, escribimos a data no caderno ou folla:
Tuesday, 28th April 2020.
2. Escribimos o tempo (agora xa tedes que saber moi ben como facelo) e fago o debuxo:
It's cloudy/rainy/sunny/foggy...
3. Escribo como me sinto hoxe e fago o debuxo:
Today I'm happy/tired/bored/sleepy...
4. Cantamos a seguinte canción, que xa coñecemos, fixándonos en como se escriben os días da semana. Anímovos a cantala!!:
5. Actividades Snappet:
- Entramos na área de inglés.
- Unidade "General Vocabulary Review"
- Facemos os exercicios da lección "Days of the week"
6. Ao rematar, escribimos no caderno:
- Título: Days of the week
- Escribimos en vertical a lista dos días da semana en inglés
- Ao lado de cada día escribimos unha oración moi sinxela que diga algo que adoitas facer ese día da semana.
Por exemplo: On Monday, I play basketball.
(Recordade todo o que levamos aprendido ata agora; pode ser un deporte, unha actividade doméstica, etc.)
- Facemos un debuxiño ao lado de cada oración.
7. Se vos apetece ensinarme o resultado (non é obligatio) podedes subir unha foto á seguinte carpeta de drive:
https://drive.google.com/drive/folders/1DxJ8bS48SIbmBfRvAU_y8G4sRbZhgd6D?usp=sharing
8. Se aínda tedes forzas e estades súper animados propóñovos que vos grabedes en vídeo ou só co audio dicindo esas oracións en voz alta e o subades tamén á carpeta. SÓ SE VOS APETECE, NON É OBLIGATORIO NIN MOITO MENOS BAIXA A NOTA SE NON O FACEDES!! 😉
Have a good day!!
Tamara
No comments:
Post a Comment