Tuesday 12 May 2020

Tarefas: Tuesday, 12th May

Hi guys!

How are you today? I hope everything's going well.

Como vos dixen, hoxe rematados co tempo verbal "Past Continuous". Para elo, Alexis preparou unha actividade final que ela evaluará. Así que o traballo para hoxe, 12 de maio é:

Entramos no seguinte documento e seguimos as indicacións que nos da Alexis. Trátase de escoitar un vídeo un par de veces. No vídeo cóntannos que estaba facendo cada persoa cando de súpeto foise a luz.

https://docs.google.com/document/d/13cJ6cTDvtUDb_8yAi_7ed3--q5_Rmsj6rvPapWYBhIk/edit?usp=sharing

É un listening bastante complexo, parádeo as veces que necesitedes, escoitádeo con calma e non vos agobiedes. Se vos resulta moi complicado, Alexis escribiu toda a transcripción para que poidades ler o que din mentres o escoitades.

Unha vez o teñades escoitado e máis ou menos entendido, Alexis faivos varias preguntas sobre que facía cada unha das persoas. Se clicades nas pestanas da dereita escoitaredes as preguntas ditas por Alexis.

Trátase de que contestedes esas preguntas, pero non por escrito, senón oralmente. Se queredes, primeiro podedes escribilas nunha folla e cando teñades as respostas ben redactadas, tedes que lelas e voz alta e colgar a grabación na seguinte carpeta para que Alexis oiga as vosas respostas. Podedes colgar unha grabación de audio ou incluso de vídeo se vos animades.

https://drive.google.com/drive/folders/1pazwTpQ2ylguRsyuskEF7sCN5oCFR2jN?usp=sharing

Déixovos de plazo ata o vindeiro martes 19 de maio para facelo e colgar as vosas grabacións. Como é un traballo laborioso, o xoves non vos mandarei máis tarefa para que así aproveitedes o tempo desa clase a facer este traballo. Tedes unha semana, así que sen presa pero sen calma!

A vindeira semana comezaremos a dar algo novo, o "Present perfect", así que espero que o que dimos ata agora quedase ben practicado para dar paso ao seguinte.

Calquera dúbida me preguntades.

Bye bye

Tamara


No comments:

Post a Comment