What's up? I hope you had a wonderful weekend😉
Xa escoitei algúns dos vosos audios coa actividade proposta por Alexis. Ela vainos analizar e cando os evalúe direivos algo. Parabéns polo voso traballo e esforzo!
Esta semana comezamos algo novo, como xa vos dixen, o tempo verbal "Present Perfect". Así que as tarefas propostas para hoxe, martes 19 de maio son:
1. Visualizamos este vídeo cunha historieta na que se emprega dito tempo verbal e intentamos comprendela:
2. Vídeo coa explicación gramatical do "Present Perfect Tense":
3. Descargamos e lemos os apuntes da teoría:
4. Vemos o seguinte vídeo con exemplos dos diferentes usos deste tempo verbal en oracións:
5. Estudar os participios dos verbos irregulares que xa estudamos no pasado simple:
Recordades aqueles 20 verbos irregulares que estudamos en pasado simple, dos que fixemos o flipbook e os xogos por estacións (be, have, go, give, eat...)? Pois agora debedes buscar na táboa, na terceira columna, o seu participio irregular e aprendelos. Son só 20, ide intentando estudalos pouco a pouco. Para todos os demais, podedes consultalos na táboa.
Isto é todo por hoxe. O xoves deberíades ter xa unha idea de como empregar este tempo verbal e comezaremos a practicalo en exercicios.
See you on Thursday!
Bye bye
Tamara
No comments:
Post a Comment