Thursday, 4 June 2020

Tarefas: Thursday, 4th June

Hello guys!

What's up? I hope you´re all fine 👍👍

O martes rematamos co tempo verbal "Present Perfect" aínda que tedes tempo ata o martes próximo para facer a actividade voluntaria de speaking e o Kahoot de repaso. Hoxe comezamos a última unidade destas "clases online" e despois xa vos deixo tranquilos para que gocedes das vosas merecidísimas vacacións de verán, vale? Pois imos aló! O traballo para hoxe, 4 de xuño é:

1. Visualizamos o seguinte vídeo fixándonos nas formas verbais destacadas, todas elas indican tempos futuros:

https://learnenglishteens.britishcouncil.org/grammar/intermediate-grammar/future-forms

2. Descargamos o seguinte documento e o lemos.

Son apuntes de gramática dos tempos verbais que indican futuro (present continuous, going to, will). Intentade comprendelos e ilos interiorizando. Calquera dúbida mo dicides.

https://drive.google.com/file/d/19-2_y3xAh1XBDqw4JNBvzm-PJ6d1BbCp/view?usp=sharing

3. Volvemos ao link do vídeo anterior (punto 1) e facemos os exercicios que aparecen debaixo de toda a explicación gramatical:

Trátase de 3 exercicios diferentes onde aplicaredes a teoría aprendida no punto anterior. Podedes ter os apuntes diante. Unha vez feitos, tedes a opción de autocorrixirvos cliclando en "finish".

Son eses exercicios, tedes que desplegalos clicando nas frechas con fondo lila.


Isto é todo por hoxe, espero que se vos fixese levadeiro este último punto de gramática. A semana que vén seguiremos practicando estes tempos verbais e con iso rematamos!!

Have a fantastic weekend!!

Bye bye👋👋

Tamara

No comments:

Post a Comment