How are you doing? I hope you´re fine👍
Esta semana remataremos co tempo verbal "Present Perfect". Déixovos a continuación o traballo para hoxe, 2 de xuño:
1. Practicamos en Snappet:
Na carpeta "Present Perfect" facemos os exercicios correspondentes ás leccións:
- Comprehension: Computer Class
- Countries 2
2. Actividade voluntaria de "Listening and Speaking":
Alexis propón unha última actividade de "listening and speaking" na que vos fai unhas preguntas oralmente empregando o tempo verbal "present perfect" e vós tedes que contestarllas de forma oral grabando en audio as vosas respostas. É algo similar ao que fixemos co "Past continuous" pero esta vez as respostas son persoais e libres.
Tedes de prazo ata o vindeiro martes, 9 de xuño. Colgade os vosos audios na seguinte carpeta de drive, na que tamén atoparedes o audio coas preguntas de Alexis e tamén ditas preguntas de forma escrita por se as necesitades ler.
Esta actividade serve para subir nota así que vos animo a facela, pero se tedes demasiado traballo e non podedes, tampouco vos preocupedes que non pasa nada!
https://drive.google.com/drive/folders/1VbUQb3beGtRcMt8h8t-b6L0V__6wx5zU?usp=sharing
3. Kahoot de repaso:
Rematamos este tema, coma sempre, cun Kahoot de repaso. Tamén é voluntario. O prazo é o mesmo que na actividade anterior, até o 9 de xuño ás 14.00h. Aquí vos queda o link e o PIN para que accedades:
LINK: https://kahoot.it/challenge/07014007?challenge-id=e638ee34-0f6b-4136-ae94-1138301865a5_1591003023321
PIN: 07014007
Isto é todo. Ata o xoves!
Bye Bye👋👋
Tamara
No comments:
Post a Comment