How are you? I hope you are doing well.
Douvos a benvida a este novo blog. A partires de agora irei colgando aquí os martes e xoves as actividades de inglés que tedes que facer cada día.
Todo o que vos proporei son xogos, cancións e actividades de repaso do que levamos aprendido na clase. Espero que vos gusten e que o pasedes ben repasando desde as vosas casas!!
Esta semana comezaremos repasando as cousiñas máis básicas (cores, o tempo, números...). Así que empezamos co que tedes que facer hoxe, martes 21 de abril:
1. No noso caderno (ou en follas) escribimos a data de hoxe:
- Tuesday, 21st April 2020.
2. Debaixo escribimos o tempo que fai hoxe e facemos un pequeno debuxo:
- It's sunny/ It's cloudy/I t's rainy...
3. A continuación escribo como me sinto hoxe e facemos un pequeno debuxo:
- I`m happy/ I´m sad / I´m bored / I´m hungry...
4. Escribimos o título da lección de hoxe en grande "COLOURS"
5. Escoitamos un par de veces a seguinte canción e intamos cantala:
6. Facemos os exercicios da plataforma Snappet:
- Entramos na materia "Ensligh language"
- Entramos na unidade "General vocabulary review"
- Facemos todos os exercicios da lección "Colours"
7. Unha vez finalizados, no caderno, debaixo do título que puxemos, faremos un pequeno diccionario visual das cores:
- Facemos unha manchiña de cada cor e ao lado escribimos o nome en inglés desa cor. (Incluimos gold e silver)
- Facemos o mesmo cos patterns que aprendemos (stripes, polka dots...)
8. Rematado o Picture Dictionary sobre "Colours", se podemos, facemoslle unha foto e a subimos á seguinte carpeta de Drive poñendo como título o voso nome:
https://drive.google.com/open?id=12GR2hvAqQ4iWIah31hfHv9OsUz4oYulL
Iso é todo por hoxe, o xoves máis e mellor!
Hugs
Tamara
No comments:
Post a Comment