How are your doing?
Como xa saberedes, a partir de agora tocaranos clase de inglés os martes e xoves, así que empregarei este blog para colgar as actividades que debedes facer cada día.
Empezamos co traballo para hoxe, martes 21 de abril:
1. Poñer a data no caderno: Tuesday, 21st April 2020.
2. Visualizamos o seguinte vídeo prestando especial atención ás formas verbais resaltadas:
A primeira vez o vemos e intentamos comprender o seu significado global, a segunda vez anotaremos na libreta todas as formas verbais que aparecían no vídeo resaltadas. Tamén podedes apuntar as palabras que descoñezades e buscalas no diccionario online (aconsellovos sempre wordreference.com)
3. Todas estas formas verbais que escribiches están no tempo "Past continuous". Agora imos ver unha explicación gramatical sobre este tempo verbal:
4. Descargamos o seguinte documento e lemos a explicación teórica. Copiamos na libreta o cadro co exemplo de conxugación verbal que nos dan.
https://drive.google.com/file/d/1GBqDG4SSJ-WrGknms52TYL-yzFuLtb-h/view?usp=sharing
Por hoxe isto é todo, repasade esta teoría sobre o novo tempo verbal que estamos a aprender, xa que o xoves os colgarei actividades para practicalo.
Take care.
Tamara
No comments:
Post a Comment